RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres partidos de #ANOSACANTEIRA adiántanse á fin de semana, dous deles mañá xoves

Tres partidos con representantes de #ANOSACANTEIRA adiántanse á fin de semana, dous deles mañá xoves:

Na Liga Galega infantil, o Deportivo, líder do subgrupo B norte con 36 puntos, visita ao San Tirso SD, segundo na táboa con 30 puntos, ás 17:30 no Monte (San Tirso). Un triunfo branquiazul sería case definitivo de cara ao desenlace final desta primeira parte da temporada.

E tamén mañá ás 19:30, pero en Abegondo, Benxamín A e Fabril FC Benxamín ven as caras en partido correspondente á 4ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña disputada na súa totalidade a pasada fin de semana.

Para o venres 21 na Cidade Deportiva queda o partido do Cadete ante o Bergantiños CF (19:00 horas) do subgrupo A da División de Honra. Os deportivistas son líderes destacados con 37 puntos a pesar de ter un partido menos que o segundo clasificado, o ED Xuventude de Oroso que ten 29 puntos.

O resto de equipos de #ANOSACANTEIRA xogan ao longo da fin de semana.

En Tercera RFEF, o Fabril mídese en Cantarrana ao Viveiro CF, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00, co obxectivo de lograr a súa primeira vitoria en 2022. Óscar Gilsanz, técnico fabrilista, non puido contar nos primeiros adestramentos de semana con Dani Barcia e Mella, concentrados coa selección española sub-19 e sub-17 respectivamente.

Pola súa banda, o filial feminino, o Deportivo ABANCA B, recibe o domingo en Abegondo (16:15) ao CF Versalles despois de callar a pasada fin de semana en Mareo quizais o seu mellor partido do que vai de temporada.

O sábado xogan na Cidade Deportiva os dous equipos xuvenís. O A de Manuel Pablo arranca a segunda volta na División de Honra ante o Real Oviedo (16:15) á caza do liderado e após caer en dezaseisavos de final da Copa do Rei, a partido único, en Vigo ante o RC Celta na prórroga.

Pola mañá, ás 12:00, o Xuvenil B mídese ao Alondras CF. Os de Miguel Figueira son líderes empatados co RC Celta B, aínda que os celestes teñen un partido menos xogado.

Finalmente o Orzán SD Xuvenil Feminino está de parabén pola convocatoria de Abril Pazos para uns adestramentos coa selección española sub-15. As orzanistas, cuxo partido do pasado domingo nas Eiroas foi suspendido por casos de COVID no Bergantiños CF, enfróntanse o domingo 23 de xaneiro na Torre á SD Antas.

Umia CF en Barrantes (Ribadumia), sábado ás 18:30; e Victoria FC na Torre (A Coruña), domingo ás 12:00, serán os rivais do Orzán SD Cadete Feminino e Orzán SD Infantil Feminino respectivamente.

Finalmente, o partido do Fabril FC Benxamín ante o Imperátor OAR, previsto para o sábado 22 ás 17:00 na Torre e correspondente á 5ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña, foi aprazado por casos de COVID no Imperátor.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira RFEF
20ª xornada: VIVEIRO CF - FABRIL, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 en Cantarrana
Clasificación: ... 4. Rápido de Bouzas e CD Barco, 28 puntos; 6. Racing Villalbés (un partido máis) e Fabril, 25 puntos; 8. Silva SD (un partido menos), 24 puntos; 9. CSD Arzúa (un partido menos), 22 puntos...

Categoría feminina
16ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CF VERSALLES, o domingo 23 de xaneiro ás 16:15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. Sárdoma CF, 29 puntos; 3. PM Friol (un partido menos), 28 puntos; 4. Deportivo ABANCA B e Oviedo Moderno CF B, 26 puntos; 6. Umia CF (un partido menos), 25 puntos; 7. CD Olímpico de León, 21 puntos...

13ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - SD ANTAS, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. Bergantiños CF (un partido menos), 19 puntos; 2. CD Lugo (un partido menos), 16 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino (dous partidos menos), 15 puntos; 5. SD Antas, 12 puntos...

10ª xornada: UMIA CF - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o sábado 22 de xaneiro ás 18:30 no campo da Bouza (Barrantes, Ribadumia)
Clasificación da Liga Galega cadete: 1. Victoria CF, 25 puntos; 2. Sárdoma CF, Orzán SD Cadete Feminino e UD Mos, 19 puntos; 5. Lóstrego CF, 15 puntos...

10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - VICTORIA FC, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 24 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino (un partido menos) e Victoria FC, 16 puntos; 4. Xuventude de Crendes CF, 12 puntos...

Categoría xuvenil
18ª xornada: XUVENIL A - REAL OVIEDO, o sábado 22 de xaneiro ás 16:15 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 47 puntos; 2. Xuvenil A, 42 puntos; 3. Real Racing Club, 31 puntos...

17ª xornada: XUVENIL B - ALONDRAS CF, o sábado 22 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos) e Xuvenil B, 38 puntos; 3. CD Lugo B, 36 puntos; 4. Coruxo FC (un partido menos), 32 puntos...

Categoría cadete
15ª xornada: CADETE - BERGANTIÑOS CF, o venres 21 de xaneiro ás 19:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete (un partido menos), 37 puntos; 2. ED Xuventude de Oroso, 29 puntos...

Categoría infantil
14ª xornada: SAN TIRSO SD - INFANTIL, mañá xoves 20 de xaneiro ás 17:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil, 36 puntos; 2. San Tirso SD, 30 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ALEVÍN A - CF DEPORTIVO ORZÁN, o sábado 22 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo A: 1. Alevín A, 12 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido menos) e Xesuitinas (un partido menos), 6 puntos...

5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 22 de xaneiro ás 12:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo B: ... 2. CD Calasanz (un partido menos), 7 puntos; 3. Fabril FC Alevín (un partido menos), 2 puntos; 4. Ural Español CF (dous partidos menos), 1 punto; 5. Oza Juvenil SD (dous partidos menos), 0 puntos

Categoría benxamín
4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - BENXAMÍN A, mañá xoves 20 de xaneiro ás 19:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
5ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF A, o sábado 22 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo A: 1. Benxamín A, Victoria CF e Atlético Coruña Montañeros CF (un partido máis), 9 puntos; 4. Fabril FC Alevín e Ural Español CF (un partido máis), 6 puntos; 6. CD Calasanz e Imperátor OAR, 3 puntos...

5ª xornada: IMPERÁTOR OAR - FABRIL FC BENXAMÍN, aprazado