RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Tres partidos de #ANOSACANTEIRA xóganse mañá venres, día festivo

A xornada desta longa fin de semana en #ANOSACANTEIRA arrinca mañá venres 12 de outubro, día festivo, con 3 partidos con representación deportivista.

En Abegondo, o Infantil A recibe ao Xuventude de Oroso, ás 10:30 no campo 4. O encontro corresponde á 6ª xornada no grupo norte da Liga Galega, no que é líder o equipo deportivista.

E na Torre ás 11:00, o Alevín A e Benxamín A inician a liga na Primeira Comarcal A Coruña ante o Sporting Coruñés A e Orillamar A respectivamente.

Ademais do Infantil A, xogan esta fin de semana en Abegondo o Fabril (sábado ás 17:00), Deportivo ABANCA B (domingo ás 18:00), Xuvenil A (domingo ás 17:00), Cadete B (sábado ás 12:15) e Infantil B (sábado ás 10:15).

Para os encontros do Xuvenil A, Cadete B e Infantil A, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros.

Son gratuítos os partidos do Deportivo ABANCA B e Infantil B.

O partido estrela na Cidade Deportiva é a visita do AD Unión Adarve ao Fabril, prevista para o sábado 13 ás 17:00 horas.

O filial branquiazul aspira a ascender postos na clasificación á conta dun rival directo. Os madrileños, 15º na táboa e fóra dos postos de descenso, contan con 2 puntos máis que os fabrilistas.

Para este encontro, que será de entrada libre para os socios do Dépor, o público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 14 anos.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
8ª xornada: FABRIL - AD UNIÓN ADARVE, o sábado 13 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. AD Unión Adarve; 16. CDA Navalcarnero, Burgos CF e CF Salmantino, 5 puntos; 19. Fabril, 4 puntos; 20. Rápido de Bouzas, 1 punto

Categoría feminina
6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UD MOS, o domingo 14 de outubro ás 18:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 13 puntos...

Categoría xuvenil
7ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o domingo 14 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Real Racing Club e CD Lugo, 13 puntos; 4. Sporting de Gijón e Oviedo, 11 puntos; 6. Xuvenil A e Atlético Perines, 10 puntos; 8. Ural, 9 puntos; 9. Racing de Ferrol, 8 puntos...

6ª xornada: AROSA SC - XUVENIL B, o sábado 13 de outubro ás 16:00 no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía
Clasificación da Liga Nacional: 1. CD Calasanz e CD Choco, 13 puntos; 3. Pabellón Ourense e Xuvenil B, 12 puntos; 5. Victoria CF e Celta B, 10 puntos...

Categoría cadete
6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - CADETE A, o domingo 14 de outubro ás 12:00 en San Pedro de Visma 2 (A Coruña)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 15 puntos; 2. Pabellón Ourense e Ural CF, 12 puntos; 4. RC Celta, ED Val Miñor Nigrán, San Tirso SD, Pontevedra CF e Racing de Ferrol, 9 puntos...

6ª xornada: CADETE B - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE, o sábado 13 de outubro ás 12:15 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. CF Dumbría, 15 puntos; 2. Bertamiráns CF, 13 puntos; 3. Racing Club Villalbés, Cadete B e Bergantiños CF B, 12 puntos; 6. ED Xuventude de Oroso e Escola Estrada Fútbol Base, 10 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: INFANTIL A - ED XUVENTUDE DE OROSO, o venres 12 de outubro ás 10:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns CF, 15 puntos; 3. Victoria CF, Ural CF e Racing Club Ferrol, 12 puntos...

7ª xornada: INFANTIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B, o sábado 13 de outubro ás 10:15 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 18 puntos; 2. Sporting Cambre, 15 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros B, 14 puntos...

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 1ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD A - ALEVÍN A, mañá venres 12 de outubro ás 11:00 na Torre (2.1)

Amigable, disputado o pasado martes: ALEVÍN B 2 (Leandro e Mosquera) - OZA JUVENIL A 1

Categoría benjamín
Amigable, disputado o pasado martes: BENXAMÍN A 8 (Uxío -2-, Gael, Íker, Paulo, Yago, Mauro e Ioan) - OZA JUVENIL B (alevín) 0
Primeira Comarcal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN A - ORILLAMAR SD A, mañá venres 12 de outubro ás 11:00 na Torre (1.1)