RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tres partidos de liga e oito amigables, esta semana en #ANOSACANTEIRA

Arrancan esta semana a liga dous equipos máis de #ANOSACANTEIRA: o Xuvenil A de División de Honra ante o Racing de Santander o domingo 3 de setembro; e o Infantil B en Primeira División Autonómica (grupo 1º) fronte ao Victoria B, mañá xoves 31 de agosto. Ambos os conxuntos inician a temporada en Abegondo.

Para o primeiro partido, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o resto do público, a entrada sénior costa 3 euros. O choque do Infantil B é gratuíto para os afeccionados.

Entre os obxectivos de ambos os conxuntos está o de mellorar ou igualar polo menos o logrado a temporada pasada: terceiro posto en Liga e cuartos de final de Copa do Rei o Xuvenil A; e campión de grupo o Infantil B.

Por outra banda, seis equipos teñen partido amigable esta semana, na recta final xa das súas pretemporadas: Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Cadete A San Tirso, Infantil A e Infantil A San Tirso.

En Segunda División B chega o primeiro derbi galego para o Fabril, que visitará ao Racing de Ferrol este domingo 3 de setembro ás 19:00 horas na Malata, retransmitido en directo pola TVG-2.

O calendario completo de partidos, sempre susceptible de sufrir variación, cos resultados dos partidos xa xogados é o seguinte:

Segunda División B
3ª xornada, RACING DE FERROL - FABRIL, o domingo 3 de setembro ás 19:00 horas na Malata (Ferrol)

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: XUVENIL A - RACING DE SANTANDER, o domingo 3 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Amigable: BERGANTIÑOS A - XUVENIL B, o sábado 2 de setembro ás 12:30 nas Eiroas

Categoría cadete
Amigable: CONXO A (xuvenil) - CADETE A, o sábado 2 de setembro ás 18:00 no campo da Merced (Santiago de Compostela)

Amigable: CADETE B - BERGANTIÑOS B, aprazado
Amigable: CADETE B - VIVEIRO, o sábado 2 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

Amigable, xogado onte martes: CADETE A SAN TIRSO 3 (Novoa e Fran -2-) - GALICIA CARANZA A 0
Amigable: CADETE A SAN TIRSO - DUMBRÍA, o sábado 2 de setembro ás 16:30 en Abegondo (campo 6)

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL A - URAL B (cadete), o venres 1 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 7)

Primeira División Autonómica, grupo 1º, primeira xornada: INFANTIL B - VICTORIA B, mañá xoves 31 de agosto á 19:00 en Abegondo (campo 6)

Amigable: INFANTIL A SAN TIRSO - OZA JUVENIL A, o xoves 31 de agosto ás 19:00 en Abegondo (campo 5)
Amigable: INFANTIL A SAN TIRSO - ATLÉTICO CORUÑA A, o sábado 2 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)