RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Tres poutadas do líder CCAR Valladadores tombaron ao Deportivo Abanca B

Foto: - @ValladaresFem -

Tres poutadas do CCAR Valladares, líder da categoría, tombaron ao Deportivo Abanca B (3-1). O partido arrincou ben para as branquiazuis, que se adiantaron con gol de Marta. As viguesas déronlle a volta cun dos tantos en posición de fóra de xogo.

Na segunda metade dominou o Deportivo Abanca B, que tivo unha clara oportunidade de recortar diferenzas, cun remate ao traveseiro.

Con este resultado, o Deportivo Abanca B é décimo clasificado na Primeira División Autonómica, con 19 puntos.

Deportivo Abanca B: Malena, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Karina, Marta, Raña, Michelle e Vero. Tamén xogaron: Merchi, Doce, Natalia, Ana e Ari.

O próximo fin de semana, o Deportivo Abanca B recibe en Arteixo ao Portonovo.

Os resultados do conxunto deportivista en Primeira División Autonómica son os seguintes:

AlertaNavia 0 - Deportivo Abanca B 0
Deportivo Abanca B 1 (Noe) - CCAR Valladares 2
Portonovo 2 - Deportivo Abanca B 1 (Raña)
Deportivo Abanca B 1 (Natalia) - Vitoria B 1
Deportivo Abanca B 1 (Laura Doce) - Vitoria FC 2
Sárdoma B 3 - Deportivo Abanca B 3 (Vero -3-)
Deportivo Abanca B 0 - UD Ourense 0
San Miguel 3 - Deportivo Abanca B 2 (Vero e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo Abanca B 1 (Vero) - O Val 2
Torre 1 - Deportivo Abanca B 2 (Ainhoa e Lucía)
Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) - Arcadia 1
Deportivo Abanca B 6 (Vero -5- e Laura) - Xuventú Aguiño 0
Umia 1 - Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-)
Deportivo Abanca B 0 - Milagrosa 1
Deportivo Abanca B 3 (Ainhoa, Raña e Vero) - AlertaNavia 1
CCAR Valladares 3 - Deportivo Abanca B 1 (Marta)