RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tres puntos máis para o Fabril FC Alevín a costa esta vez do Imperator OAR C

O Fabril FC Alevín sumou tres novos puntos na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, ao derrotar (0-10) ao Imperátor OAR C.

Raúl -4-, Gabi -2-, Iago Lameiro, Martín Forján, Pablo Somoza e Javi foron os goleadores fabrilistas.

Con este marcador, o Fabril FC Alevín suma 9 puntos á fronte da táboa. Segundos na clasificación marchan o Imperátor OAR A e o Orillamar SD A, ambos con 6 puntos.

Fabril FC Alevín: Lucas López, Javi, Nico, Pablo Vara, Lucas Vázquez, Iago Varela, Raúl e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Iago Lameiro, Hugo, Gabi, Guille e Martín Forján.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Alevín mídese ao Imperátor OAR A.

Os resultados do equipo branquiazul que preparan Alberto Suárez e Arsenio Velasco son os seguintes:

Fabril FC Alevín 11 (Martín Forján -4-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara, Raúl e Gabi) - Imperátor OAR C 0
Imperátor OAR A - Fabril FC Alevín, suspendido
Fabril FC Alevín 4 (Iago Lameiro, Javi, Guille e Gabi) - Orillamar SD A 0
Imperátor OAR C 0 - Fabril FC Alevín 10 (Raúl -4-, Gabi -2-, Iago Lameiro, Martín Forján, Pablo Somoza e Javi)