RCD / NOVAS

Tres sesións de adestramento do Deportivo Feminino A para medirse ao líder, Ave Fénix Racing

  Manu Sánchez, técnico do Deportivo Feminino A, dispuxo esta semana de tres sesións de adestramento para a visita do equipo ao líder da categoría, a Ave Fénix Racing, o domingo 2 de outubro ás 12.00 no campo de Tanos 1 en Torrelavega (Cantabria). As cántabras lideran a táboa con 9 puntos de 9 posibles. As deportivistas son segundas con 7 puntos, igualadas con Oviedo Moderno e Friol.

26/09/2016 20:46

O plan semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
 
Martes 27 de setembro
20.30: Adestramento en Ponche dous Brozos (Arteixo)
 
Xoves 29 de setembro
18.45: Adestramento en Abegondo (campo 7)
 
Venres 30 de setembro
19.00: Adestramento en Abegondo (campo 8)