RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Trilli foi titular con España sub-16 no primeiro amigable ante Austria

- Foto: www.sefutbol.es -

O defensa deportivista Álvaro Pérez Campo 'Trilli' atópase concentrado coa selección española sub-16 na localidade de Enzesfeld - Lindabrunn (Austria), con motivo de dous encontros amigables.

Hoxe martes, no primeiro choque entre austriacos e españois en Rohrbach an der Gölsen, Trilli foi titular. O canteirán branquiazul xogou 45 minutos e foi relevado por Miquel Juanola. Venceu Austria (1-0), grazas a un solitario gol de Sandro Schendl.

Este xoves 6, a partir das 12:30 horas na localidade de Enzesfeld - Lindabrunn, será o segundo encontro entre Austria e España.

Tanto Trilli como o seu compañeiro no Cadete A de División de Honra Hugo Novoa xa participaron con España esta temporada na última edición da Copa Aegean en Esmirna (Turquía).