RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Tripla vitoria en #ANOSACANTEIRA hoxe xoves e calendario para mañá venres, con 7 partidos previstos

A longa xornada en #ANOSACANTEIRA desta semana prolóngase desde hoxe xoves 5 de decembro ao domingo 8.

Hoxe xogáronse 3 partidos. Na División de Honra, o Cadete A impúxose con claridade (8-0) en Abegondo ao Arosa SC e mantén a súa renda de 5 puntos á fronte da táboa ante o seu inmediato perseguidor, o RC Celta.

En Santa María del Mar, na Coruña, o Infantil B, tamén líder destacado do grupo 1º da Primeira Autonómica, venceu (5-9) ao conxunto colexial nun espectacular choque.

E finalmente na Cidade Deportiva, o Alevín A dobregou (5-1) ao Once Caballeros CF en choque correspondente á 3ª xornada da Liga Comarcal.

Mañá venres 6, día festivo, entran en acción o Xuvenil B (en Abegondo ás 12:30 ante o EF Lalín); Cadete B (no Monte ás 12:00 ante o San Tirso SD B); Infantil A (na Leyma ás 10:00 ante o CD Calasanz); e os alevíns e benxamíns, na 1ª xornada da Liga Comarcal e a Primeira C que foi suspendida o pasado 23 de novembro polo temporal de choiva e vento que azoutou A Coruña.

Queda para o domingo 8 unicamente o partido do Xuvenil A en Santander ante o Atlético Perines (12:15), correspondente á 14ª xornada na División de Honra.

Esta semana non haberá competición ligueira para o Fabril en Terceira División nin para o Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional Feminina.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Clasificación: ... 3. CD Barco, 34 puntos; 4. Fabril, 27 puntos; 5. Arosa SC, 26 puntos; 6. CD Choco, 25 puntos; 7. Alondras CF e UD Ourense, 20 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 28 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 25 puntos; 4. Victoria FC, 23 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 22 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 8 de decembro ás 12:15 no campo Vicente Miera (Santander)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 31 puntos; 3. Xuvenil A, 26 puntos; 4. Bansander, 23 puntos; Real Oviedo, 22 puntos...

14ª xornada: XUVENIL B - EF LALÍN, o venres 6 de decembro ás 12:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta, 37 puntos; 2. Xuvenil A, 28 puntos; 3. CD Areosa, 26 puntos; 4. CD Choco e Pabellón Ourense CF, 24 puntos...

Categoría cadete
14ª xornada: CADETE A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - AROSA SC 0
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 42 puntos; 2. RC Celta, 37 puntos...

14ª xornada: SAN TIRSO SD B - CADETE B, o venres 6 de decembro ás 12:00 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 35 puntos; 2. SD Compostela, 31 puntos...

Categoría infantil
14ª xornada: CD CALASANZ - INFANTIL A, o venres 6 de decembro ás 10:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 39 puntos; 2. Bertamiráns FC, 30 puntos...

14ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR 5 - INFANTIL B 9 (Beade -3-, Íker Fernández, Íker Gil, Marcos e Óscar -3-)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 42 puntos; 2. Ural CF B, 31 puntos...

Categoría alevín
Liga Comarcal, 3ª xornada: ALEVÍN A 5 (Rubén -2-, Leandro e Pablo -2-) - ONCE CABALLEROS CF 1
Liga Comarcal, 1ª xornada: CF DUMBRÍA - ALEVÍN A, o venres 6 de decembro ás 11:30 no Conco (Dumbría)

Primeira C, 1ª xornada: IMPERATOR OAR B - ALEVÍN B, o venres 6 de decembro ás 10:00 na Grela 1 (campo 1.1)

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 1ª xornada: BENXAMÍN A - OUTES CF, o venres 6 de decembro ás 12:00 na Leyma (campo 1.2)
Liga Comarcal, 3ª xornada: BENXAMÍN A - BETANZOS CF, o mércores 11 de decembro ás 18:00 en Abegondo (campo de herba artificial)

Primeira C, 1ª xornada: URAL CF C - BENXAMÍN B, o venres 6 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 4)