RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Triplete de Dunia Dahmouni decisivo na vitoria do Orzán SD Cadete B Feminino sobre o Torre SD

Un triplete do pichichi do equipo, Dunia Dahmouni (na foto de pé a terceira xogadora empezando pola esquerda), supuxo o triunfo do Orzán SD Cadete B Feminino (3-0) ante o Torre SD, en choque correspondente á 15ª xornada no subgrupo 1º da Segunda Autonómica.

Cos desta noite, a dianteira orzanista suma 24 tantos en 14 partidos xogados e encabeza a clasificación de goleadoras do subgrupo.

Este resultado mantén ao conxunto que dirixe Enrique M. Solla na cabeza da táboa con 40 puntos, os mesmos que o Atlético San Pedro. Ambos os equipos ven as caras precisamente a próxima fin de semana no campo de Iñás.

Orzán SD Cadete B Feminino: Sofía Carregal, Irene Míguez, Sila Santiso, Paula Martínez, Candela González, Candela Fernández, Mica Baratelli, Carmen Traba, Yanis Citoula, Dunia Dahmouni e Alba Monteserín. Tamén xogaron: Tania Taboada, Yasmin Dahmouni, Nuria Valea e Paula Bermúdez.

Os resultados do Orzán SD Cadete B Feminino en liga son os seguintes:

Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Nerea Gamallo e Paula Martínez) - Eirís SD 0
Torre SD 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 10 (Dunia Dahmouni -3-, Triana Sánchez -3-, Yanis Citoula -2- e Sofía Milhem -2-)
Orzán SD Cadete B Feminino 4 (Dunia Dahmouni -2-, Yanis Citoula e Alba Monteserín) - Atlético San Pedro 1
CCRD Perlío 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Noa Cardeñoso e Alba Monteserín)
Orzán SD Cadete B Feminino 1 (Carmen Traba) - Discalzas SD 0
Galicia Caranza 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Irene Míguez e Noa Cardeñoso)
Unión Campestre FC 1 - Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Dunia Dahmouni, Lucía González e Yanis Citoula)
Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Sofía Milhem -2- e Dunia Dahmouni) - Silva SD 1
Atlético Castros 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 8 (Dunia Dahmouni -4-, Yanis Citoula -2-, Noa Cardeñoso e Carmen Traba)
Orzán SD Cadete B Feminino 6 (Dunia Dahmouni -3-, Nerea Gamallo -2- e Paula Martínez) - SD O Val B 0
CD Obrero 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 9 (Dunia Milhem -4-, Yanis Citoula -3-, Alba Monteserín e Sofía Milhem)
Orzán SD Cadete B Feminino 0 - Cultural Maniños 0
Orillamar SD 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Dunia Dahmouni -2- e Carmen Traba)
Eirís SD 2 - Orzán SD Cadete B Feminino 1 (Dunia Dahmouni)
Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Dunia Dahmouni -3-) - Torre SD 0