RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tristán adestrouse hoxe no Mundo do Fútbol e espera estar xa preparado a próxima semana

A evolución da lesión de Diego Tristán marcha vento en popa. Tras regresar onte de Andalucía, o futbolista exercitouse esta mañá en 'O Mundo do Fútbol' co readaptador físico, Carlos Lalín. Diego Tristán indicou, camiño xa dos vestiarios, que "es

Pola súa banda, hoxe compareceron ante os medios informativos os futbolistas Jorge Andrade e Mauro Silva. O capitán deportivista confesou estar "con moita moral e moi animado. Creo que a incorporación progresiva foi bastante ben e o outro día xa xoguei 30 minutos".

Así mesmo, o central portugués dixo descoñecer o presunto interese do Newcastle na súa contratación, aínda que cre que estes rumores son "normais despois de estar nunha Liga tan boa como a española e ser subcampión de Europa con Portugal". Andrade remitiu a todos os interesados ao seu axente e ao club.