RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tristán deberá gardar repouso durante 15 días

Tras unha serie de probas realizadas nestes días a Diego Tristán, o corpo médico do Deportivo confirmou que o dianteiro deportivista terá que gardar repouso durante uns 15 días, debido ao golpe que sufriu o sevillano no sacro durante o partido amigable

O galeno deportivista tamén fixo referencia a Fran, que sufriu unha contusión nun xeonllo, que, "unida á intensidade o traballo, vaille a obrigar a descansar un par de días".

Cobián restou importancia aos casos de Valerón, que sofre unha leve gastroenterite, Naybet e Changui, este último cunhas molestias na zona sacro-ilíaca.