Tristán: Este equipo ten gol. Se faltaron algúns a tempada pasada foron os meus.
Diego Tristán compareceu esta mañá na sala de prensa do Hotel
Villamartín de Vilalba. O dianteiro sevillano culminou con éxito as primeiras
sesións, normalmente as máis duras da tempada. Tristán non se atreve a vaticinar
un número de goles pero espera coller este ano o refacho goleador. Di
que o Deportivo, a tempada pasada, tivo gol: "Se faltaron algúns tantos o
ano pasado, foron os meus".
canaldeportivo, A Coruña15/07/2004 21:01
Un dos futbolistas máis en forma é Manuel Pablo. "Normalmente non
teño problemas a estas alturas da tempada", recoñece. Esquecida xa hai
tempo a súa grave lesión, espera o canario render esta tempada como nos seus
mellores anos. Asegurou que, pese ao mal papel de España, "gustoume
moito estar en Portugal coa selección". E tamén avalou as fichaxes de Rubén
e Momo: "Son dous grandes futbolistas, con moita calidade. Son novos e tampouco
debemos apertalos moito agora. Pero seguro que son válidos para o Deportivo",
concluíu Manuel Pablo.
Coa presenza de todos as súas compañeros, técnicos e empregados, Manuel Pablo puxo fin esta mañana cunha rolda de prensa en Abegondo á súa etapa como futbolista en activo do Real Club Deportivo. Atrás quedan 482 partidos oficiais coa camiseta branquiazul, deles 349 en Primeira División, repartidos en 18 tempadas; e varios títulos oficiais (Campeón de Liga, campeón de Copa do Rei e campeón de dous Supercopas de España).
A septuagésimo primeira edición do Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos estivais, que se disputa ante o Vilarreal CF o próximo martes 9 de agosto en categorías feminina e masculina tendrá este añou un aliciente especial. O Real Club Deportivo decidiu render homenaxe nese encontro ao capitán branquiazul, Manuel Pablo, que desde hoxe deixa o fútbol en activo para incorporarse á organigrama técnico do Club.
O Real Club Deportivo e Manuel Pablo García Díaz (Bañaderos, Gran Canaria, 25 de xaneiro de 1976) determinaron esta mañana as funcións que desenvolverá o capitán branquiazul a partir desta tempada 2016-2017 que hoxe comeza. Nesta nova campaña, a decimonovena de Manuel Pablo no Deportivo, o grancanario sumarseá ao área de gestión deportiva do Club deixando a competición en activo.