RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tristán, Valerón e Manuel Pablo coa selección

Diego Tristán, Valerón e Manuel Pablo forman parte da convocatoria que este medio día deu a coñecer o seleccionador nacional, Jose Antonio Camacho, para disputar os dous próximos partidos oficiais da selección, correspondentes á fase de clasificación do M

A principal novidade da convocatoria é a chamada do seleccionador a Diego Tristán, a primeira do xogador, que ve así recompensado o fantástico xogo que está a despregar nos últimos partidos. Tamén hai que destacar que esta convocatoria representa a volta de Valerón á selección tras a disputa da pasada Eurocopa.

O resto dos convocados son: Javi Moreno e Téllez do Arabés, Guardiola, Luís Enrique, Puyol e Sergi do Barcelona, Juanfran do Celta, Casillas, Helguera, Hierro, Raul e Munitis do Real Madrid, Nadal do Mallorca e Cañizares, Baralla e Mendieta da Valencia.

O primeiro partido disputarase o próximo 2 de Xuño fronte a Bosnia no Novo Carlos Tartierre de Oviedo e o segundo fronte a Israel en Tel Aviv.