RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo contundente do Infantil B, que empeza con bo pé 2018

O Infantil B impúxose hoxe mércores 10 de xaneiro (7-0) na Cidade Deportiva de Abegondo ao Atlético Arteixo, en partido correspondente á 19ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica disputada o pasado domingo 7 de xaneiro. Trigo -3-, Barral -2-, Diego e Álvaro foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o cadro deportivista suma 40 puntos e sitúase na terceira praza, só superado polo Orillamar (segundo clasificado con 41 puntos) e o Ural B (líder do grupo con 42 puntos).

Infantil B: Marcos, Diego, Eloi, Miguel, Rubén, Baña, Barral, Álvaro, Xosé, Trigo e Iván. Tamén xogaron: Carballo, Oreiro, Mateo e Samuel.

O vindeiro sábado 13 de xaneiro, o Infantil B visita ás 16:00 horas ao Sporting Cambre, no campo Dani Mallo.

Os resultados do Infantil B até a data en liga son os seguintes:

Infantil B 3 (Dani, Trigo e Diego) - Victoria B 2
Atlético Arteixo 0 - Infantil B 3 (Dani, Luis e Héctor)
Infantil B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - Sporting Cambre 3
Atlético Coruña Montañeros B 1 - Infantil B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)
Infantil B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - Imperátor B 1
Calasanz B 1 - Infantil B 3 (Barral, Xosé e Adrián)
Infantil B 3 (Marco Baña, Álvaro e Carballo) - Bergantiños B 1
Orillamar 2 - Infantil B 2 (Trigo e Dani)
Infantil B 3 (Trigo, Zerfu e Barral) - Santa María del Mar 3
Maravillas A 0 - Infantil B 8 (Barral -2-, Diego -2-, Miguel, Rubén, Álvaro e Zerfu)
Infantil B 11 (Diego, Barral -2-, Mardones -2-, Iván, Trigo -2-, Óscar e en propia meta -2-) - Laracha 0
Obrero 3 - Infantil B 8 (Javi -3-, Dani -2-, Pablo e Adrián -2-)
Compañía de María 4 - Infantil B 4 (Barral, Mardones, Ayana e Carballo)
Infantil B 8 (Eloi, Marco Baña, Barral, Álvaro, Pablo Seco, Adrián -2- e Trigo) - Sporting Coruñés 3
Ordes 2 - Infantil B 0
Infantil B 1 (Álvaro) - Ural B 0
Victoria B 2 - Infantil B 1 (Trigo)
Infantil B 7 (Trigo -3-, Barral -2-, Diego, e Álvaro) - Atlético Arteixo 0