RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Triunfo curto para un Deportivo ABANCA B dominador ante o Atlético Arousana

O Deportivo ABANCA derrotou (3-1) ao Atlético Arousá en Abegondo cun marcador que pode cualificarse como curto, dado que as branquiazuis dominaron de principio a fin ao seu rival e gozaron de innumerables oportunidades para marcar máis tantos.

Patri López, Sara Álvarez e Aroa foron as goleadoras deportivistas neste encontro correspondente á 9ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Sofía, Ana Bermúdez, María Calvo, Lara, Nuria Torres, Ainhoa, Carlota, Lucía e Patri López. Tamén xogaron: Aroa, Sara Piñeiro, Navia e Laura Rivas.

O vindeiro domingo 17 de novembro ás 18:00, o Deportivo ABANCA B visita ao Umia CF no campo de Barrantes.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana 1