RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo de prestixio do Xuvenil A en Oviedo

O Xuvenil A logrou unha vitoria de prestixio ao impoñerse (1-2) en El Requexón ao Real Oviedo, equipo que marcha por diante na clasificación do grupo 1º da División de Honra.

O partido, entre 2 dos mellores cadros da categoría, foi moi igualado e decidiuse grazas aos goles de Edu Taboada e Peke por parte dun Xuvenil A que chegou a ir 0-2 no marcador.

Con este resultado, o conxunto deportivista é 4º na táboa con 20 puntos.

Xuvenil A: Íker, Iván, Pol, Pablo Fraga, Juan Rodríguez, Mario, Peke, Prendes, Edu Taboada, Barba e Sarmiento. Tamén xogaron: Fito, Víctor Guerra, Litos e Noel.

O vindeiro domingo 17 de novembro, o Xuvenil A recibe en Abegondo (12:00 horas) ao ED Val Miñor Nigrán.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2
Ural CF 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Sarmiento) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Edu Taboada e Peke)