RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo do Benxamín A no primeiro partido do subgrupo A de Primeira A Coruña

O Benxamín A saldou con triunfo (9-0) ante o Imperátor OAR o seu primeiro partido no subgrupo A de Primeira A Coruña. Iván Gil -3-, Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Hugo Macedo -2- foron os autores dos goles branquiazuis.

Benxamín A: Roi Castro, Hugo Macedo, Joel Puñal, Brais Martínez, Hugo Pousa, Nacho Villanueva, David Gómez e Jorge Fernández. Tamén xogaron: Iván Gil, Hugo Luaces, Álvaro Gómez e Roque Martínez.

O cadro deportivista terá como outros rivais do subgrupo A ao Ural Español CF, CD Calasanz, Atlético Coruña Montañeros CF, CF Deportivo Orzán, Orillamar SD, Fabril FC Benxamín e Victoria CF A.

O formato de competición é de liga a dobre volta. Os tres primeiros clasificados acceden á seguinte fase, xa por eliminatoria contra os tres primeiros clasificados do subgrupo B.

A próxima fin de semana o Benxamín A enfrontarase ao CD Calasanz con motivo da 2ª xornada.