RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Triunfo do Cadete A para abrir unha xornada de liga en #ANOSACANTEIRA

O encontro da División de Honra entre o Cadete A e o CD Calasanz, hoxe venres, abre o calendario de partidos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis derrotaron (5-0) aos colexiais para manter a súa cómoda renda á fronte da táboa sobre o RC Celta.

En Terceira División toca partido grande para o Fabril, que visita o domingo 26 ao Ourense CF no Couto (17:00 horas). Os locais marchan na 2ª praza, só superados pola SD Compostela. Os fabrilistas, a un paso de posicións de playoff e cun encontro menos disputado, queren regresar á zona nobre.

Tamén xogan lonxe da Cidade Deportiva, o sábado 25 o Deportivo ABANCA B (16:00 horas en Santillana del Mar ante o CD Oceja) e Cadete B (12:00 horas en Lugo ante o CD Lugo B); e o domingo 26 o Xuvenil A (11:30 en Cantabria ante o CD Marina Sport).

En Abegondo sobresae o derbi na Liga Nacional entre o Xuvenil B e o RC Celta B, o sábado ás 13:00 horas. Fronte a fronte estarán os dous mellores equipos da categoría.

Tamén o sábado 25, o Infantil A e Infantil B reciben ao UD Santa Mariña (12:00 horas) e ADC Obradoiro (10:30 horas) na Fase polo Título e a Primeira Autonómica respectivamente.

Finalmente, en alevíns e benxamíns, o Benxamín A xógase ante o ED Luis Calvo Sanz A o liderado da Liga Comarcal, o sábado 25 ás 11:30 na Torre. Ambos os equipos chegan ao encontro igualados a 21 puntos á fronte da táboa.

O calendario de partidos. cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
21ª xornada: OURENSE CF - FABRIL, o domingo 26 de xaneiro ás 17:00 no Couto (Ourense)
Clasificación: ... 3. CD Barco (un partido menos), 37 puntos; 4. Arosa SC, 35 puntos; 5. Fabril (un partido menos), 34 puntos; 6. UD Ourense, 32 puntos; 7. CD Choco, 31 puntos...

Categoría feminina
16ª xornada: CD OCEJA - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 25 de xaneiro ás 16:00 no Campo Municipal de Santillana del Mar
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 35 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 31 puntos; 4. Victoria FC, 29 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B e CD Valladares, 25 puntos...

Categoría xuvenil
19ª xornada: CD MARINA SPORT - XUVENIL A, o domingo 26 de xaneiro ás 11:30 no campo Soto de la Marina en Santa Cruz de Bezana (Cantabria)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 46 puntos; 3. Xuvenil A, 32 puntos; 4. Real Racing Club, 31 puntos; 5. Bansander, 30 puntos; 6. Real Oviedo, 26 puntos...

19ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, o sábado 25 de xaneiro ás 13:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 49 puntos; 2. Xuvenil B, 40 puntos; 3. CD Areosa, 36 puntos...

Categoría cadete
19ª xornada: CADETE A 5 (Martín Ochoa -3-, Pablo Trigo e Mella) - CD CALASANZ 0
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A (un partido máis), 57 puntos; 2. RC Celta, 49 puntos...

19ª xornada: CD LUGO B - CADETE B, o sábado 25 de xaneiro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago 1
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 47 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 42 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Título da Liga Galega, 2ª xornada: INFANTIL A - UD SANTA MARIÑA, o sábado 25 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)

20ª xornada: INFANTIL B - ADC OBRADOIRO, o sábado 25 de xaneiro ás 10:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 54 puntos; 2. Ural CF B, 44 puntos...

Categoría alevín
8ª xornada: CD OBRERO A - ALEVÍN A, o sábado 25 de xaneiro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Alevín A e Victoria CF A, 18 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 17 puntos; 4. Ural CF A e Outes FC B, 13 puntos...

7ª xornada: ADC OBRADOIRO - ALEVÍN B, o sábado 25 de xaneiro ás 16:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B, 18 puntos; 2. Victoria CF C, 15 puntos; 3. Ural CF C, 13 puntos...

Categoría benjamín
8ª xornada: BENXAMÍN A - ED LUIS CALVO SANZ A, o sábado 25 de xaneiro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Benxamín A e ED Luis Calvo Sanz A, 21 puntos; 3. Xesuitinas A e San Tirso SD A, 15 puntos...

7ª xornada: BENXAMÍN B - XESUITINAS C, o sábado 25 de xaneiro ás 11:30 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 18 puntos; 2. Victoria CF B, 13 puntos...