RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo do Infantil A sobre o Victoria CF, un rival directo pola primeira posición

O Infantil A derrotou en Abegondo (3-1) ao Victoria CF, un rival directo polo primeiro posto no subgrupo B norte da Liga Galega.

Dani, Miguel e Rubén foron os goleadores deportivistas neste encontro correspondente á 5ª xornada ligueira.

Ambos os equipos chegaban ao encontro empatados no primeiro posto da clasificación con nove puntos. Agora, o líder en solitario do grupo é o Infantil A, con doce puntos.

Infantil A: Anxo, Vergara, Miguel, Samuel Fernández, Sergio, Álvaro, Jorge, André, Brian, Murilo e Dani. Tamén xogaron: Íker Gil, Rubén, Jairo e Iván.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao Atlético Coruña Montañeros CF A.

Os resultados do Infantil A no subgrupo B norte da Liga Galega son os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 6 (Murilo -2-, José Rey -2-, Dani e Brian)
Infantil A 3 (José Rey e Rubén -2-) - Ural CF 2
CD Calasanz 0 - Infantil A 3 (André, Daniel e Rubén)
Infantil A 3 (Dani, Miguel e Rubén) - Victoria CF 1