RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Triunfo do Xuvenil A en Paiosaco nun exitoso test de pretemporada

O Xuvenil A saldou con triunfo (1-2) o seu amigable de preparación disputado na Porta Santa ante o UD Paiosaco H. Añón de Terceira División.

Do Carmo e Gabri foron os goleadores branquiazuis neste test no que Óscar Gilsanz, técnico deportivista, fixo xogar a todos os seus futbolistas salvo a meta Ríos.

Xuvenil A: Adrián, Víctor, Guille, Trilli, Dani Barcia, Brais, Nájera, Raúl, Do Carmo, Peke e Mella. Tamén xogaron: Axe, Nico, Mauro, Jairo, Gabri, Mario, Cristian, Urdiales e Padín.

A próxima cita para o Xuvenil A será este domingo 11 de outubro en Abegondo, a porta pechada, ante o Racing Villalbés, outro conxunto de Terceira División. O choque, que se xogará no campo 3, arrincará ás 17:00.

A pretemporada marcha así para o Xuvenil A:

Xuvenil A 2 (Nájera -2-) - UD Somozas 6
Xuvenil A 1 (Diego Gómez) - SD Fisterra 1
UD Paiosaco H. Añón 1 - Xuvenil A 2 (Do Carmo e Gabri)
Xuvenil A - Racing Villalbés, o domingo 11 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 3)