RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Triunfo, dous empates e derrota, balance do Dépor ABANCA no Memorial Fernández Faraldo

Última cita de pretemporada para o Deportivo ABANCA, que onte sábado e hoxe domingo disputou na Cidade Deportiva da Torre (A Coruña) o XIV do Memorial Manuel Fernández Faraldo, organizado polo Orzán SD.

Os rivais do equipo deportivista foron dous equipos de Primeira División: o Madrid CCF e a Santa Teresa, con partidos de 45 minuto de duración.

O balance foi dun triunfo, dous empates e unha única derrota. Un test moi positivo para os xogadores que prepara Manuel Sánchez.

Hoxe domingo, o Deportivo ABANCA goleou ao Madrid CFF (4-0) e empatou (1-1) co Santa Teresa, vencedor do torneo.

Deportivo ABANCA ante o Madrid CFF: Sheila, Patri, Laura, Miriam, Miga, Teresa Abelleira, Iris, Jone, María Corral, Sara e Estefi. Os tantos branquiazuis foron de Estefi -2-, Jone e Laura.

Deportivo ABANCA ante a Santa Teresa: Malena, Patri, Raquel, Mérida, Cris, Teresa Abelleira, Iris, Peke, Kika, Lía e Gaby. O único tanto deportivista foi de Kika.

Os resultados do Deportivo ABANCA foron os seguintes:

Sábado 26 de agosto
DEPORTIVO ABANCA 1 (Kika) - MADRID CFF 3
SANTA TERESA 0 - DEPORTIVO ABANCA 0

Domingo 27 de agosto
DEPORTIVO ABANCA 4 (Estefi -2-, Jone e Laura) - MADRID CFF 0
SANTA TERESA 1 - DEPORTIVO ABANCA 1 (Kika)

Os resultados da pretemporada do Deportivo ABANCA foron estes:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gaby -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'
Deportivo ABANCA 2 (Sara e Jone) - Victoria FC 0
CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)
20 de agosto, semifinal da Copa Deputación: Tordoia 0 - Deportivo ABANCA 9 (Gaby -2-, Estefi -2-, Jone, Sara -2-, Peke e Lía)
23 de agosto, final da Copa Deputación: Deportivo ABANCA 3 (Jone -2- e Gaby) - Victoria CF 0
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)
Deportivo ABANCA 1 (Kika) - Madrid CFF 3
Santa Teresa 0 - Deportivo ABANCA 0
Deportivo ABANCA 4 (Estefi -2-, Jone e Laura) - Madrid CFF 0
Santa Teresa 1 - Deportivo ABANCA 1 (Kika)