RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Triunfo onte do Cadete A, hoxe quenda para o Cadete B

  Varios partidos da canteira adiántanse ao fin de semana. Así, o Cadete A, xa subcampéon ligueiro, ganó onte en Abegondo á Vitoria (3-0). Hoxe xoves, a quenda será para o Cadete B, campeón da liga Galega desde o pa

O prato forte na canteira será o domingo. A Fabril busca en Abegondo (18.00, horario unificado en toda a xornada) ante o Verín certificar a súa clasificación para o play off de ascenso a Segunda División B.

Os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros.
 
O outro partido destacado é o da liga Galega infantil. O Dépor A tentará en Abegondo derrotar ao CD Lugo (agora mesmo segundo) e recuperar esa segunda posición. O encontro xogarase o domingo ás 11.00 horas.
 
Do mesmo xeito que nos partidos de cadetes e o do Xuvenil B, nesta ocasión tamén os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.
 
Dous dos equipos coa competición finalizada teñen amigable en Abegondo: Infantil B o mércores (6-0 á Selección Galega Sub-12) e Benjamín B hoxe xoves (19.30).
 
Finalmente, en categoría alevín, o Deportivo A afronta este próximo fin de semana a Arousa Fútbol 7, un espectacular torneo en Vilagarcía de Arousa, no campo da Lomba.
 
O conxunto branquiazul quedou encadrado no grupo B, co FC O Porto, FC Barcelona, CD Cuatrovientos e Houston Dynamo.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - VERÍN, o domingo 8 de maio ás 18.00 en Abegondo
Clasificación: 1. Boiro e Cerceda, 71 puntos; 3. Fabril, 61 puntos; 4. Choco, 60 puntos; 5. Racing Vilalbés, 57 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
XUVENIL B - URAL, o sábado 7 de maio ás 12.30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B (xa campión), 70 puntos; 2. Santiago de Compostela C e Areosa, 58 puntos...
 
Categoría Cadete
 
Xogado o mércores: CADETE A 3 (Óscar Lorenzo, Vermello e Kilian) - VITORIA 0
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 91 puntos; 2. Cadete A (un partido máis), 77 puntos; 3. Bertamiráns, 61 puntos...
 
CADETE B - VIVEIRO, o xoves 5 de maio ás 19.15 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B (xa campión), 82 puntos; 2. Ural, 69 puntos...
 
Categoría infantil
INFANTIL A - LUGO, o domingo 8 de maio ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Xuventú de Oroso, 69 puntos; 2. Lugo (un partido máis), 68 puntos; 3. Infantil A, 66 puntos; 4. Santiago de Compostela, 60 puntos...
 
Amigable: INFANTIL B 6 (Antón, Novoa, Padín (3) e Noel) - SELECCIÓN GALEGA SUB-12 0
 
Clasificación final da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 88 puntos; 2. San Tirso, 62 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Arousa Fútbol 7
Primeira Fase
Venres 6 de maio
10.10: HOUSTON DYNAMO - ALEVÍN A
16.20: ALEVÍN A - FC BARCELONA
20.25: ALEVÍN A - FC O Porto
 
Sábado 7 de maio
19.15: CD CUATROVIENTOS - ALEVÍN A
 
Os dous primeiros clasificados de grupo accederán aos cuartos de final. A partir de aí, o terceiro terá que pelexar polos postos do 9º ao 12º; os cuartos do 13º ao 16º; e os quintos clasificados de grupo, polos postos 17º ao 20º.
 
LUÍS CALVO D - ALEVÍN B, o sábado 7 de maio ás 11.30 nas Eiroas (Carballo)
 
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín B (un partido menos), 42 puntos; 2. Vitoria D, 34 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
Amigable: BENJAMÍN B - RACING DE SAN PEDRO, o xoves 5 de maio ás 19.30 en Abegondo (campo de fútbol 7)
 
Clasificación final da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Benjamín B, 70 puntos; 2. Imperátor C, 62 puntos...