RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Triunfo pola mínima do Dépor ABANCA B para seguir no máis alto da Primeira Nacional

Un gol de Lucía Rivas, xogadora cadete do Orzán SD, supuxo a vitoria (1-0) para o Deportivo ABANCA B no seu partido en Abegondo correspondente á 6ª xornada na Primeira Nacional.

O encontro foi igualado aínda que, iso si, as mellores ocasións para marcar foron todas branquiazuis.

Con este resultado, o equipo que dirixe Kevin Cabado manda na táboa en solitario con 16 puntos e segue sen coñecer a derrota.

Deportivo ABANCA B: Martina, Lucía Mariño, Paula Novo, María Calvo, Abril, Marta Rico, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Tati, Lucía Rivas e Noela. Tamén xogaron: Laura Otero, Laura Testa e Uxía Cabada.

En quince días, posto que a próxima semana hai parón ligueiro, o filial feminino visitará ao CD Tropezón.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0