RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Triunfos hoxe mércores en #ANOSACANTEIRA para o Cadete en liga e o Orzán SD Xuvenil Feminino en Copa

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron partido oficial hoxe mércores 31 de maio.

O Cadete, campión da División de Honra hai xa varias xornadas, xogou como locatario pero no campo do seu rival, o ED Val Miñor Nigrán, o último partido de liga adiantado ao fin de semana porque os branquiazuis participarán eses días no Torneo San Bernabé, en Torrelavega (Cantabria).

O triunfo, intranscendente, foi branquiazul (2-1) con tantos de Xian e Nico Ruiz, co que o equipo deportivista conclúe a liga con 107 puntos no máis alto.

E o Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (1-4) ao SE Abellá SDEC na segunda semifinal da I edición da Copa da Coruña, a partido único e medirase na gran final ao Victoria CF B, vencedor da outra semifinal ante o Sporting Cambre.

Desde mañá xoves, #ANOSACANTEIRA vaise de torneos amigables nunha longa fin de semana en Torrelavega (Cadete e Infantil), Tánxer en Marrocos (San Tirso SD Infantil), Ponte de Lima en Portugal (Alevín A, na foto principal), Calamocha en Teruel (Fabril FC Alevín), Vilagarcía (Benxamín A) e Polonia (Fabril FC Benxamín).

Onte martes, ademais do partido do Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo correspondente ás semifinais do Torneo Delegación, o Infantil, que o pasado domingo se proclamou brillante vencedor da División de Honra ao derrotar ao RC Celta nunha heroica final, enfrontouse nun amigable en Abegondo á Selección do Camiño, nun partido a beneficio de ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas). O resultado, que é o de menos, favoreceu á selección (5-6) após unha bonito toma e daca.

A semana arrincou tamén onte en Abegondo cun momento sinxelo pero especial nas carreiras branquiazuis da Nosa Canteira. A parede que precede á porta de saída do vestiario do fútbol formativo aos campos de Abegondo loce un mural no que figuran todos os canteiráns que, desde a posta en marcha da Cidade Deportiva en 2003, defenderon as nosas cores en categorías inferiores, do xuvenil para abaixo e chegaron a debutar en partido oficial co primeiro equipo branquiazul. Desde que o fixesen Ian Mackay, Trilli e Noel a principio da temporada 21-22, hoxe tocoulle a quenda a todos os Deportivistas que debutaron co primeiro equipo desde entón: Pablo Brea, Yeremay Hernández, Brais Val, Edu Sousa, Dani Barcia e hai quince días, David Mella. Ian Mackay manifestou que "cando me tocou a min foi algo importante porque é algo que queres desde pequeno: poder debutar co Dépor en partido oficial. Tardei bastante en poñela. Creo que son o máis veterano. Agora non lle dás importancia pero cando non esteas aquí ou cando te retires, vexas esa foto e vexas que cumpriches un soño que é defender este escudo para min é algo moi importante". Indicou que "os rapaces estaban moi emocionados. Déronse conta cando nos fixeron o corredor que hai moitos nenos que queren cumprir ese soño".

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais: SE ABELLÁ SDEC 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 4 (Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio)

Categoría xuvenil

Clasificación final da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 78 puntos; 2. RC Celta, 76 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 70 puntos...

Categoría cadete
38ª xornada (última): CADETE 2 (Xian e Nico Ruiz) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

38ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE - BERGANTIÑOS CF, o venres 2 de xuño ás 17:00 en O Monte (San Tirso)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión, un partido máis), 107 puntos; 2. RC Celta, 94 puntos... 8. San Tirso SD, 55 puntos... 18. Bergantiños CF, 29 puntos...

XII Torneo San Bernabé en Cantabria

Primeira Fase, no campo de Vargas (Ponte Viesgo)

Venres 2 de xuño
16:30: AYRON CF - CADETE

Sábado 3 de xuño
09:30: SPORTING DE GIJÓN - CADETE
15:20: CD PADURA - CADETE
19:30: CD GRUPO ANTOLÍN - CADETE

Segundo clasificación, o Cadete pasará a unha Fase Ouro, Prata ou Bronce xa o domingo a partir das 09:00 horas

Categoría infantil
Amigable (martes 30): INFANTIL 5 (Gael -2-, Iker Casuso, Borja e Roi) - SELECCIÓN DO CAMIÑO 6

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria

Primeira Fase

Venres 2 de xuño
20:40: INFANTIL - SD SOLARES, no campo de Tanos (Torrelavega)

Sábado 3 de xuño
11:10: INFANTIL - OVIEDO VETUSTA, no campo de Suances
16:10: ALAVÉS - INFANTIL, no campo de Suances
18:40: INFANTIL - BASKAURI FE, no campo de Suances

Segundo clasificación, o Infantil pasará a unha Fase Ouro, Prata ou Bronce xa o domingo a partir das 09:00 horas

IBN Battuta Cup 2023 en Tánxer (Marrocos)

Primeira Fase

Xoves 1 de xuño
17:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - ROUBAIX

Venres 2 de xuño
11:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - WJT
18:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - DREAM FC

Os dous primeiros pasan a unha Fase Final mentres que os restantes disputarán unha Fase de Consolación, todo iso o sábado 3 de xuño.

Categoría alevín

Torneo Internacional Vila de Ponte de Lima, no Estadio Municipal do Cruzeiro

Primeira Fase (en horario local, unha hora máis en Galicia)

Venres 2 de xuño
18:40: VALENCIA CF - ALEVÍN A

Sábado 3 de xuño
10:10: ALEVÍN A - FC VIZELA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha fase de consolación a partir das 15:10

7ª edición da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

Primeira Fase

Sábado 3 de xuño
09:30: LEVANTE UD - FABRIL FC ALEVÍN en Jumaya (campo 1)
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - SD HUESCA en Jumaya (campo 1)
16:00: CF SAN JOSÉ - FABRIL FC ALEVÍN, en Jumaya (campo 2)
17:00: FABRIL FC ALEVÍN - CF CALAMOCHA, en Jumaya (campo 2)

Domingo 4 de xuño
11:00: WAKATAKE - FABRIL FC ALEVÍN, en Jumaya (campo 1)

Os dous primeiros pasan a cuartos de final e os restantes xogan, segundo clasificación, unha fase de consolación; todo iso a partir das 11:30 horas

Categoría benxamín
IX Torneo Cidade de Vilagarcía no campo Manuel Jiménez e Estadio de Fontecarmoa

Primeira Fase

Sábado 3 de xuño
09:30: FC PORTO - BENXAMÍN A
11:30: ATHLETIC CLUB - BENXAMÍN A
16:00: BANSANDER - BENXAMÍN A
18:00: RC CELTA - BENXAMÍN A
20:30: BENXAMÍN A - ED VAL MIÑOR

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros do tres grupos pasan a cuartos de final; e os restantes xogan unha fase de consolación, todo iso a partir do domingo 4 de xuño ás 09:00 horas

Torneo Delegación, semifinal (martes 30): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED LUÍS CALVO 2. A penaltis: 8-7

VII International Steel Cup en Polonia

Primeira Fase

Venres 2 de xuño

16:30: FABRIL FC BENXAMÍN - MFK KARVINA
17:21: FABRIL FC BENXAMÍN - ZALGIRIETIS WILNO
18:12: FABRIL FC BENXAMÍN - ZNICZ PRUSZKOW
19:03: FABRIL FC BENXAMÍN - RAKOW CZESTOCHOWA
19:54: FABRIL FC BENXAMÍN - UKS SOKOLIKI STARY SACZ

Segundo clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha Segunda Fase o sábado 3 de xuño