RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tropezón do Cadete B ante o Santiago de Compostela

O Cadete B encadeou a súa segunda derrota consecutiva no grupo primeiro da liga Galega (o pasado fin de semana perdeu en Oroso) ao caer en Abegondo ante o Santiago de Compostela (2-3), nun partido que se decidiu nos instantes finais.

O partido puido ser para calquera dos dous equipos, pero os santiagueses chegaron máis frescos ao final e decidiron. Rares e Concheiro anotaron os goles branquiazuis.

Con este resultado, o Cadete B cae á terceira posición con 32 puntos. Por diante marchan o Xuventude de Oroso (34 puntos) e o Calasanz, líder con 38 puntos.

Cadete B: Manu, Roque, Fito, Landeira, Pol, Martínez, Alex M., Rares, Jorge, Concheiro e Docarmo. Tamén xogaron: Iván, Espeso, Toni e Yago.

O equipo márchase de vacacións de Nadal. A liga renovarase o sábado 7 de xaneiro coa visita do Cadete B ao Dumbría.

Os resultados do Cadete B na liga son os seguintes:

Cadete B 6 (Roque, Martínez, Mario, Jorge -2- e Portas) - Lugo B 0
Conxo 1 - Cadete B 4 (Docarmo -2-, Concheiro e Landeira)
Cadete B 3 (Martínez, Mario e Iván) - Bertamiráns B 1
Vitoria B 1 - Cadete B 3 (Mario, Fito e Rares)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 1 (Roque)
Cadete B 9 (Roque, Espeso, Pol -2-, Iago -2-, Fito, Portas e Iván) - Porto de Burela 0
Viveiro A 3 - Cadete B 1 (Jorge)
Cadete B 4 (Concheiro -2-, Roque e Mario) - Ural B 0
Calasanz 3 - Cadete B 3 (Rares, Fito e Pol)
Cadete B 3 (Martínez, Fito e Rares) - EF Lalín 1
Boiro 0 - Cadete B 2 (Landeira e Roque)
Racing de Ferrol B 0 - Cadete B 3 (Fito, Iván e Espeso)
Cadete B 6 (Mario -2-, Pol, Rares -2- e Iago) - Racing Vilalbés 0
Xuventude de Oroso 4 - Cadete B 1 (Pol)
Cadete B 2 (Rares e Concheiro) - Santiago de Compostela 3