RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tropezóns inesperado do Cadete B para pechar 2018

O Cadete B sufriu un tropezón inesperado no último partido oficial en 2018, en Abegondo (0-1) ante o Racing de Ferrol B, un rival da zona media-baixa da clasificación.

Os deportivistas dominaron ao seu rival pero non estiveron acertados nos últimos metros.

Co marcador deste partido correspondente á 17ª xornada no grupo norte da liga Galega, o Cadete B é 4º na táboa con 34 puntos.

Cadete B: Rodrigo, Alexis, Manu Berrocal, Gabriel, Xose, Hugo García, Iván, Lombao, Hugo Suárez, Matos e Trigo. Tamén xogaron: Eloi, Jacobo e Martín.

A competición para polas festas do Nadal. A mediados de xaneiro, o seguinte rival, de novo en Abegondo, será o CD Calasanz B, no primeiro partido da segunda volta.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0
Racing Villalbés 0 - Cadete B 0
Cadete B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - Orillamar SD 0
ED Xuventude de Oroso 1 - Cadete B 1 (Gabriel)
Cadete B 0 - Racing de Ferrol B 1