RCD / NOVAS

Turquía preconvoca a Emre Çolak e Marrocos confirma a Fayçal Fajr

  A Selección turca preconvocó a Emre Çolak para dous partidos oficiais do seu selección o próximo mes de outubro; e Marrocos confirmó a presenza de Fayçao Fajr ante Gabón e Canadá, o primeiro deles oficial, también neste parón ligueiro de outubro.

27/09/2016 19:50

Emre Çolak, preconvocado con Turquía
 
Emre Çolak foi preconvocado pola selección de Turquía para dous partidos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.
 
Así, o xoves 6 de outubro, Turquía recibe a Ucraína (20.45, hora local) na localidade turca de Konya, no Konya Büyüksehir Torku Area.
 
Pola súa banda, o domingo 9 de outubro, o combinado turco visita Islandia (18.45, hora local) en Laugardalsvollur deReykjavik.
 
A lista definitiva farase pública este venres 30 de setembro. En caso de ser convocado, Emre Çolak terá que viaxar a Turquía o domingo 2 de outubro, tras o partido ante o Sporting en Riazor.
 
Marrocos confirma a Fayçal Fajr
 
Fayçal Fajr foi convocado polo seleccionador de Marrocos para participar nos dous próximos partidos do combinado norteafricano fronte a Gabón e Canadá.
 
Os partidos disputaranse os próximos días 8 e 11 de outubro. O primeiro a domicilio fronte a Gabón (16.00, hora local), oficial e clasificatorio para o mundial, e o segundo amigable en terras marroquís ante Canadá.
 
O futbolista viaxará o domingo 2 de outubro, tras o partido en Riazor ante o Sporting.
 
Costa Rica conta con Celso Borges para un amigable en Rusia
 
A Selección de Costa Rica convocou ao mediocentro deportivista Celso Borges para un amigable ante Rusia, na cidade de Krasnodar (Rusia) o vindeiro domingo 9 de outubro.
 
O futbolista branquiazul viaxará directamente desde A Coruña á concentración de Costa Rica en Krasnodar o domingo 2 de outubro.
 
Florin Andone, citado por Romanía para dous partidos clasificatorios do Mundial de Rusia 2018
 
Florin Andone foi convocado pola Federación Romanesa de Fútbol para dous partidos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018 no próximo parón ligueiro do mes de outubro.
 
Así, o sábado 8 de outubro, Romanía visita Armenia en Yerevan (18.00, hora local); e o martes 11 de outubro a Kazajistán en Astana (18.00, hora local).
 
O dianteiro deportivista terá que incorporarse á concentración romanesa o domingo 2 de outubro.

Máis novas de: BORGES, FAYÇAL, EMRE ÇOLAK, ANDONE