RCD / NOVAS

Uche, Borja Valle e Luis Ruiz regresan á convocatoria para medirse mañá ao Real Zaragoza

22/02/2020 13:05

Uche, Borja Valle e Luis Ruiz son as principais novidades na lista de convocados do Deportivo para visitar mañá domingo 23 de febreiro (16:00 horas, #Vamos) ao Real Zaragoza na Romareda.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Salva Ruiz e Claudio Beauvue, que hoxe traballou co grupo aínda que sen alta médica; ademais de Vicente, sancionado.

De Uche precisamente referiuse Fernando Vázquez en rolda de prensa. Comentou que "está a subir o nivel de rendemento. Sabedes que os futbolistas saen pertrechados con GPS... Por tanto para un adestrador é máis fácil facer comparativas entre A, B, C, D, F no rendemento mesmo nun adestramento. Uche estaba un pouco máis baixo do normal e agora está na media do equipo".

No adestramento de hoxe, ademais co canteirán Boian, o técnico branquiazul dispuxo, após un quecemento, dunha tarefa de posesión de balón, un exercicio táctico e un partido para concluír.

O equipo viaxa este mediodía, vía Barcelona, segundo este plan de viaxe:

Sábado 22 de febreiro
13:55: Saída do voo de Santiago con destino Barcelona
15:35 (horario aproximado): Chegada a Barcelona e traslado en autocar a Zaragoza
19:00 (horario aproximado): Chegada a Zaragoza e aloxamento no hotel NH Zaragoza

Domingo 23 de febreiro
16:00: Real Zaragoza - Deportivo, na Romareda
Ao concluír, traslado en autocar a Madrid
22:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Tryp Madrid Airport Suites

Luns 24 de febreiro
10:15: Saída do voo do Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña
11:30 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña e traslado a Abegondo
12:00 (horario aproximado): Adestramento en Abegondo