RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Uche, na súa presentación, asegura que regresa ao Dépor para "entrar na historia do Club"

Uche Henry Agbo (Kano City, Nixeria, 4 de decembro de 1995) foi presentado esta mañá como novo xogador do Deportivo para as próximas 4 temporadas.

En primeiro lugar, o centrocampista africano posou para os medios gráficos coa nova camiseta branquiazul, acompañado polo Director de Fútbol do Club, Richard Barral.

A continuación, e apoiado pola intérprete Bibiana Santiso, respondeu as preguntas dos medios de comunicación.

Indicou que regresa ao Dépor cun obxectivo ambicioso: "Entrar na historia do Club".

Pide nesta temporada en Segunda División B "traballar duramente todos no campo para devolver ao Club onde ten que estar". De feito, insiste en que coñece a categoría antes de xogar en Primeira ou Segunda: "É máis agresiva. Non vou ter problema para adaptarme"-

Da temporada pasada no Dépor, queda co paripé ante o CF Fuenlabrada en ABANCA-RIAZOR que significou o vergoñoso descenso do equipo branquiazul, sen dúbida un dos episodios máis lamentables do fútbol español en toda a súa historia: "Demostrouse o compromiso que tiña o cadro volvendo das súas vacacións. Demostra algo bo deste cadro".

Na recta final da súa recuperación, o centrocampista branquiazul espera "poder estar ao 100 % en dúas semanas", xusto ao comezo da competición ligueira no grupo 1º de Segunda División B, subgrupo A.