RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Última cita mañá martes para María Méndez no Minitorneo de clasificación de Islandia

- Foto: @SeFutbolFem -

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez está concentrada en Reikiavik (Islandia) coa selección española sub-19 no Minitorneo de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Con dous 2 triunfos nas 2 primeiras xornadas, o último partido deste torneo para España e María Méndez será mañá martes 8 ante as anfitrioas, as islandesas, ás 17:00 no Estadio Hlíoarendi.

Kazajistán foi o mércores 2 de outubro o primeiro rival das españolas no Estadio Hlíoarendi.

María Méndez foi titular e xogou completo un partido no que o resultado a favor das hispanas dio todo: 14-0.

A segunda cita para España foi o pasado sábado 5 de outubro ante Grecia no Estadio Víkingsvöllur. María Méndez seguiu desde o banco un choque que acabou con claro triunfo hispano: 5-0.

O calendario de partidos da selección, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 2 de outubro
ESPAÑA 14 - KAZAJISTÁN 0

Sábado 5 de outubro
ESPAÑA 5 - GRECIA 0

Martes 8 de outubro
17:00: ISLANDIA - ESPAÑA, no Estadio Hlíoarendi

Con parón na Primera Iberdrola esta pasada fin de semana, María Méndez chegará a tempo para a seguinte cita ligueira do Deportivo ABANCA, a visita a Abegondo do Rayo Vallecano prevista para o sábado 12 de outubro ás 18:00 horas.

María Méndez é unha das deportivistas internacionais nas categorías inferiores da selección española, do mesmo xeito que Teresa Abelleira, Sara Álvarez ou Carlota Sánchez; o cadro branquiazul conta ademais con tres internacionais venezolanas en categoría absoluta: Kika, Gaby e Michelle Romero.