RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última fin de semana para visitar a exposición 'Riazor 75: Recordos dun océano de soños', que pecha as súas portas este domingo

A exposición 'Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños', na que os afeccionados poden rememorar a historia do Estadio branquiazul, que hai uns meses cumpriu 75 anos de existencia, enfila os seus últimos días de apertura ao público, pois será clausurada o domingo 2 de agosto ás 21:00 horas.

O Kiosco Alfonso alberga esta mostra desde fai seis semanas, pois foi inaugurada o pasado xoves 18 de xuño.

Os horarios de apertura da exposición, de acceso gratuíto, son de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, de luns a domingo.

A Fundación RC Deportivo organiza, xunto ao Concello da Coruña, unha mostra cuxo eixo principal son 75 partidos, tanto oficiais como amigables, protagonizados polo conxunto branquiazul sobre o terreo de xogo do recinto municipal. 'Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños' tamén conta con espazos para outro tipo de competicións que tiveron lugar no Estadio ao longo destes 75 anos, como partidos de seleccións españolas e galegas, torneos de verán, a Copa do Mundo de 1982 e mesmo probas de atletismo e ciclismo.

Preto de 90 obxectos, entre os que se atopan camisetas, trofeos, entradas ou bandeirolas, e máis de 70 fotografías, ademais de 11 ilustracións de gran formato, tamén presentes no libro oficial do 75 aniversario do recinto, acompañan aos visitantes no seu percorrido pola historia do Estadio de Riazor.

Igualmente, diversas pantallas mostran imaxes de competicións e eventos que tiveron lugar no Estadio, así como planos xenerais e aéreos e mesmo de diferentes obras. Unha destas pantallas, ademais, mostra unha inédita animación 3D na que se pode observar con todo luxo de detalles a evolución de Riazor desde o comezo das obras en 1939 até o seu estado actual.

Dépor Campus Cabreiroá de Abegondo e Campus AFAC visitaron a exposición este xoves 30

Os participantes no segundo do seis quendas do Dépor Campus Cabreiroá de Abegondo e nunha nova semana dos Campus AFAC visitaron este xoves 30 a exposición 'Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños', na que os afeccionados poden rememorar a historia do Estadio branquiazul, que hai uns meses cumpriu 75 anos de existencia.

Máis dun centenar nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos puideron gozar do material que se atopa exposto, así como coñecer un pouco máis sobre a historia do recinto, do RC Deportivo e da propia cidade.

Os Dépor Campus Cabreiroá de Abegondo, até o 28 de agosto

Os Dépor Campus Cabreiroá de Abegondo arrincaron a pasada semana e un ano máis están divididos en seis quendas, polo que se prolongarán até a semana do 24 ao 28 de agosto.

A actividade está aberta a nenas e nenos entre os 6 e os 14 anos e as inscricións atópanse abertas en deporcampus.rcdeportivo.es/gl até o mediodía de cada xoves. Nesa mesma dirección atópase toda a información relativa a todos os Dépor Campus, que este ano contan con 10 sedes: Abegondo, Boiro, Caranza, Milladoiro, Monforte de Lemos, Ordes, Ourense, Silleda, Terras de Maside e Zas.