RCD / NOVAS

Última proba do Fabril antes do arranque ligueiro, esta tarde en Betanzos

19/08/2019 13:40

O Fabril ten a última proba do verán antes do arranque ligueiro. Será esta tarde ás 19:30 horas no campo García Hermanos ante o Betanzos CF.

Luisito poderá contar con estes xogadores: Álex Cobo, Viorel Boian, Eimil, Parga, Valín, Bourdal, Mujaid, Javi Sánchez, Martí Vilà, Villares, Kanouté, Mosquera, Jawed Boumeddane, Iván Guerrero, Sarmiento, Yuste, Prendes, Pedro Barbolla e Juan Rodríguez.

O técnico do filial estará pendente ademais dos fabrilistas que estiveron esta mañá ás ordes de Anquela en Abegondo: David Sánchez, Gandoy e Aarón.

A fin de semana próxima, o Fabril arranca a liga no grupo 1º en Terceira División ante o CD Choco no campo de Santa Mariña (Redondela).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanouté e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos): Galicia de Mugardos 0 - Fabril 6 (Pedro -2-, David Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera -2-)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Bergantiños CF 0 - Fabril 1 (Manu Mosquera)
Sábado 17 de agosto: Trofeo Santa Marta 2019, campo de La Eragudina (Astorga), Atlético Astorga CF 0 - Fabril 0. A penaltis: 3-4
Luns 19 de agosto: Campo García Hermanos (Betanzos), 19:30 h, Betanzos CF - Fabril