RCD / NOVAS

Última semana de adestramento para o Deportivo Abanca antes das vacacións de verán

29/05/2017 10:09

O Deportivo Abanca afronta a última semana de traballo antes das vacacións de verán.

Manu Sánchez, técnico deportivista, programou tres adestramentos, con este calendario:

Martes 30 de maio
20:30: Adestramento en Arteixo

Xoves 1 de xuño
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 2 de xuño
19:00: Adestramento en Abegondo

A partir dese día, arrincan as vacacións de verán para todas as xogadoras branquiazuis.

Nuria Rábano, concentrada coa Selección Española Sub-19 no Mini Torneo Elite de Hungría, correspondente ao Campionato de Europa da categoría, non estará presente nas dúas primeiras sesións de traballo desta semana.