RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última semana de competición para o Dépor, con final ante o Albacete Balompié

Superadas as semifinais do playoff de ascenso a Segunda División a pasada fin de semana ante o Linares Deportivo, o Dépor mídese o sábado 11 de xuño ao Albacete Balompié (18:00, Go&Go TV) na gran final polo ascenso na última semana de traballo da temporada 2021-2022.

Ao quedar o conxunto deportivista subcampión do grupo 1º e os albaceteños terceiros do grupo 2º, en caso de empate á conclusión do tempo regulamentario e da prórroga ascendería o Dépor. Non habería pois lanzamentos desde o punto de penalti para dirimir o gañador.

Borja Jiménez insistiu nas súas últimas comparecencias públicas en que estas semanas son normais para o grupo e mantén a rutina habitual da temporada e da semana pasada de playoff: sesión dominical post-partido, xornada de descanso hoxe luns, volta ao traballo mañá martes para completar até o encontro un total de catro adestramentos e sesión previa á mesma hora do choque ante os albaceteños: 18:00 horas.

Do mesmo xeito que a pasada semana, das sesións previstas, dúas delas, as do mércores 8 e o venres 10, serán en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada.

Cada vez que haxa actividade na Cidade Deportiva, o cadro reúnese a partir das 9:00 para almorzar no comedor da instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 7 de xuño
10:30 h., en Abegondo

Mércores 8 de xuño
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR (a porta pechada)

Xoves 9 de xuño
10:30 h., en Abegondo

Venres 10 de xuño
18:00 h., en ABANCA-RIAZOR (a porta pechada)

Sábado 11 de xuño
18:00: Deportivo - Albacete Balompié