Sexta e última semana de pretemporada para o Deportivo ABANCA cun partido histórico, o sábado 1 de setembro, na invitación do Benfica de Lisboa para participar no nacemento do equipo feminino do club máis laureado de Portugal.
O partido amigable disputarase nun marco incomparable como é o Estadio da Luz, escenario da final da Eurocopa 2004, con capacidade para 66.000 afeccionados.
Nuria Rábano, após proclamarse subcampioa do mundo en categoría sub-20, terá uns días de descanso.
Manu Sánchez, técnico deportivista, planificou ademais 4 sesións de traballo en Abegondo. O calendario semanal é o seguinte:
Luns 27 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo
Martes 28 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo
Mércores 29 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 30 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo
Venres 31 de agosto
Descanso
Sábado 1 de setembro
18:00 (hora local): Benfica - Deportivo ABANCA, no Estadio da Luz (Lisboa)