RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Última xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA en 2018, desde mañá venres

Esta fin de semana dispútase a última xornada de liga en 2018 para #ANOSACANTEIRA, que arranca mañá venres 21 co dobre duelo do Xuvenil B e Cadete A no campo dos Remedios (Ourense) ante o Pabellón CF (19:00 e 17:00 respectivamente).

O Fabril viaxa a Navalcarnero co único obxectivo de sumar os 3 puntos ante un rival directo como é o conxunto madrileño, agora mesmo en postos de promoción de descenso.

En canto ao resto de equipos, os únicos que compiten en Abegondo serán o Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:00); e todos os demais o sábado 22: Cadete B (11:00) e Infantil A (11:00). Para estes dous últimos partidos, os socios teñen libre acceso. O público paga 3 euros.

Xogarán lonxe da Cidade Deportiva ese sábado 22 o Xuvenil A (derbi co Ural ás 18:15 na Grela) e Infantil B (fronte ao SCD San Cristóbal ás 10:00 na Leyma).

Xa están de vacacións en canto a competición oficial refírese o Alevín B e Benxamín A. O Benxamín B disputará este sábado 22 na Torre o partido pertencente á xornada 5ª na Segunda Comarcal A Coruña que foi aprazada o pasado 24 de novembro polo temporal de choiva que azoutou ese día á Coruña.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
18ª xornada: CDA NAVALCARNERO - FABRIL, o sábado 22 de decembro ás 16:30 no Estadio Municipal Mariano González (Navalcarnero)
Clasificación: ... 15. AD Unión Adarve, 19 puntos; 16. CDA Navalcarnero, 18 puntos, 17. CF Salmantino, 16 puntos; 18. Burgos CF e Fabril, 13 puntos; 20. Rápido de Bouzas, 11 puntos

Categoría feminina
15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF B, o domingo 23 ás 12:00 en Abegondo (campo de herba artificial)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 40 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 36 puntos...

Categoría xuvenil
18ª xornada: URAL CF - XUVENIL A, o sábado 22 de decembro ás 18:15 na Grela (A Coruña)
Clasificación da División de Honra: ... 5. Real Oviedo, 30 puntos; 6. Ural CF, 29 puntos; 7. Xuvenil A, 28 puntos; 8. Atlético Perines, 26 puntos...

17ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, o venres 21 de decembro ás 19:00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 32 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 31 puntos; 5. CD Choco e Xuvenil B, 29 puntos; 7. CD Conxo Santiago, 28 puntos...

Categoría cadete
17ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - CADETE A, o venres 21 de decembro ás 17:00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 42 puntos; 2. Cadete A, 41 puntos; 3. Ural CF, 35 puntos...

17ª xornada: CADETE B - RACING DE FERROL B, o sábado 22 de decembro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 41 puntos; 3. Cadete B, 34 puntos; 4. Racing Villalbés, 33 puntos...

Categoría infantil
22ª xornada e última: INFANTIL A - RACING DE FERROL, o sábado 22 de decembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A (xa campión), 48 puntos; 2. Bertamiráns FC, 43 puntos...

19ª xornada: SCD SAN CRISTÓBAL - INFANTIL B, o sábado 22 de decembro ás 10:15 na Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 54 puntos; 2. Ural CF B, 46 puntos...

Categoría alevín
10ª xornada: CD CALASANZ A - ALEVÍN A, o sábado 22 de decembro ás 13:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A (un partido menos), 25 puntos; 2. Ural CF A, 23 puntos...

Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B e Ural CF C, 19 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz C, 15 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 19 puntos; 2. CD Calasanz A, 18 puntos; 3. Victoria CF A e Sporting Coruñés A, 16 puntos...

5ª xornada: BENXAMÍN B - XESUITINAS B, o sábado 22 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Ural CF C (un partido máis), 17 puntos; 2. Benxamín B, 16 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz C, 15 puntos...