RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Últimas dúas semanas para manter o asento no Estadio ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo lembra aos seus seguidores que restan só 15 días para que os socios poidan renovar o seu abono no mesmo asento da campaña pasada.

O xoves 2 de agosto esgotarase o prazo para manter asento e para aproveitarse do prezo un 5 por cento inferior (10 por cento no caso da modalidade ADN Branquiazul) ao da Temporada 2017-2018 en todas as localidades do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Con posterioridade reservaranse uns días (do 3 ao 7 de agosto) para os abonados que desexen cambiar de asento. Do 8 ao 10 de agosto poderanse dar de alta novos socios en asentos liberados, sempre mediante cita previa (citaprevia.rcdeportivo.es). Desde o 11 de agosto os prezos dos abonos incrementaranse un 5 por cento.

Debido ás obras da cuberta do Estadio ABANCA-RIAZOR, a Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente á Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n), polo que se recomenda utilizar a plataforma de cita previa, que cumpre a súa terceira temporada activa, para axilizar os trámites e reducir as colas.

Igualmente, por quinta campaña consecutiva, os afeccionados poderán renovar o seu carné por internet, a través da web abonos.rcdeportivo.es/gl. Tamén está dispoñible, un ano máis, o sistema de financiamento do abono a través de ABANCA, cuxo trámite poderá realizarse de forma directa na OAD.

CONSULTA OU DESCARGA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN DA CAMPAÑA DE ABONOS DO REAL CLUB DEPORTIVO 2018-2019