RCD / NOVAS

Últimas entradas á venda para o Bergantiños CF - Deportivo deste mércores

02/08/2021 14:33

Están á venda as últimas 60 entradas de público, ao prezo de 15 euros, para o partido amigable deste mércores 4 de agosto ás 19:00 no campo das Eiroas entre o Bergantiños CF e o RC Deportivo.

Por protocolo COVID-19, a capacidade do campo está reducida a 400 persoas.

Os interesados deben dirixirse ao Casino de Carballo, sito na rúa Vázquez de Parga nº 1, neste horario: de 10:30 a 13:30 e de 18:30 a 21:00 horas.

Ademais, o choque será retransmitido en directo pola canle de Youtube do club grazas ao patrocinio da firma coruñesa integralmotion.es.

A pretemporada do Dépor sobe agora de nivel pois até agora os dous primeiros rivais nesta pretemporada foron de Tercera RFEF (Racing Villalbés e Viveiro CF). O equipo de Borja Jiménez ascende un banzo no nivel de esixencia en Carballo fronte a un equipo de categoría superior (Segunda RFEF).

O calendario de pretemporada do Deportivo é o seguinte:

RC Villalbés 1 - RC Deportivo 2 (De Vicente e Miku)
Viveiro CF 0 - RC Deportivo 4 (Alberto Quiles -2-, Héctor e Gandoy)
Bergantiños FC - RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas
RC Deportivo - SD Ponferradina, domingo 8 de agosto, 20:00 h. ABANCA-RIAZOR (Trofeo Teresa Herrera)
RC Deportivo - Real Madrid Castilla, domingo 15 de agosto, 19:00 h. ABANCA-RIAZOR