RCD / NOVAS

Últimas horas para inscribirse no DéporCampus Cabreiroá de Monforte e a cuarta semana de Abegondo

10/07/2019 16:38

A cuarta semana dos DéporCampus Cabreiroá Abegondo do verán de 2019 pechará a súa inscrición mañá xoves 11 de xullo ás 12:00.

A cuarta das seis quendas dos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo coincidirá co DéporCampus Cabreiroá de Monforte. Ambos comezarán o vindeiro luns 15 e prolongaranse até o venres 19.

Nesta ligazón podes consultar os prezos e nestoutros podes cubrir os formularios de inscrición de Abegondo Monforte

Para ser validadas, todas as inscricións realizadas nas próximas horas tamén deberán ser abonadas antes da hora límite, as 12:00 horas do xoves 11 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá de Abegondo contan xa con 719 inscritos. Na suma de todas as sedes, a lista de participantes supera xa o milleiro de mozos, con 1.170 participantes.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 2 fóra de España.