RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Últimas probas antes do Mundial para Borges, Schär e o fabrilista Francis

Mañá martes 27 de marzo, tres futbolistas do Dépor terán unha última proba antes do próximo Campionato do Mundo de Rusia 2018: Celso Borges, Fabian Schär e o fabrilista Francis Uzoho.

As tres selecciones ás que pertencen os xogadores branquiazuis, Costa Rica, Suíza e Nixeria respectivamente, están clasificadas para o próximo Mundial.

Celso Borges terá como rival a Tunisia

A selección de Costa Rica, con Celso Borges entre os convocados, prepara ante Escocia e Tunisia a próxima cita mundialista.

Mañá martes, a selección 'tica' mídese a Tunisia no Alliance Riviera da cidade francesa de Niza (20:00 horas).

O pasado venres 23 de marzo, Costa Rica venceu (0-1) a Escocia no estadio Hampden Park de Glasgow. O mediocentro deportivista, alicerce básico do seu equipo nacional, foi titular e xogou os 90 minutos.

Borges ten previsto aterrar na Coruña este mércores 28 ás 17:00 horas.

Schär, con Suíza, mídese a Panamá en Lucerna

Suíza conta co deportivista Fabian Schär para estes dous últimos amigables de preparación.

A segunda cita desta data FIFA para os suízos será mañá martes 27 de marzo no Swissporarena de Lucerna (19:00 horas) ante Panamá.

O pasado venres 23 de marzo, os suízos gañaron (0-1) a Grecia en Atenas. Schär, un fixo no centro da zaga helvética, estivo todo o encontro sobre o céspede.

O central branquiazul regresará á Coruña o mércores 28 ás 17:00 horas.

Francis e Nixeria, ante Serbia

A meta deportivista Francis Uzoho está coa selección nixeriana para dúas novas probas de cara ao Mundial.

Mañá martes 27, terán como rival a Serbia en The Hive Stadium en Londres (21:00, hora local).

O pasado venres 23 de marzo, Nixeria impúxose (0-1) a Polonia en Breslavia. A meta fabrilista xogou enteiro o partido.