RCD / NOVAS

Último adestramento da temporada do Dépor, esta mañá na Cidade Deportiva Antonio Asensio

23/06/2019 13:15

O Dépor realizou esta mañá na Cidade Deportiva Antonio Asensio de Palma o último adestramento da temporada 2018-19, unha sesión de activación para o partido desta noite en Son Moix (21:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Real Mallorca, correspondente á final polo ascenso a LaLiga Santander.

José Luis Martí repetiu o mesmo ritual cada día de partido: toque de diana á mesma hora, almorzo á mesma hora, desprazamento ao escenario do adestramento á mesma hora, mesmas tarefas (estiramentos e rondos) sobre o céspede, sesión de vídeo de regreso ao hotel, comida e descanso posterior até a hora de saír ao estadio.