RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Último adestramento do Deportivo nesta semana sen competición ligueira

O Deportivo despediu hoxe venres, cun duro adestramento, esta semana sen competición en LaLiga Santander debido aos compromisos das seleccións nacionais.

O primeiro equipo retomará o traballo o luns 27 de marzo ás 17:30 en Abegondo.

Sen a presenza dos internacionais (Borges, Fayçal, Çolak e Kakuta), esta mañá Pepe Mel incidiu nas finalizacións e os duelos ofensivos. Un partido en espazo reducido serviu para poñer o punto final ao traballo sobre o céspede.

Bruno Gama quedou no ximnasio e Pedro Mosquera retirouse antes, ambos por cansazo muscular. Tampouco acabou todo o adestramento Arribas, que arrastra unhas molestias nun nocello por unha contusión no último derbi ante o Celta.

Como sucedeu toda esta semana, Sidnei estivo ás ordes do readaptador Fran Molano.