RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Último día de renovacións co asento reservado

O Real Club Deportivo afronta o último día (até as 20:00 h. na OAD e até as 00:00 h. online) de reserva de asentos para renovación a socios da pasada campaña con 16.806 abonados. No primeiro día de agosto, 930 deportivistas renovaron na Oficina de Atención ao Deportivista, 552 fixérono en abonos.rcdeportivo.es  e 37 son novos socios do Club. Hoxe a OAD permanecerá aberta, como cada día, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Aínda que este ano non hai Trofeo Teresa Herrera no verán e LaLiga non empeza en ABANCA-RIAZOR até a cuarta xornada do campionato contra o Sporting, é importante lembrar que estas son as datas destacadas do calendario da campaña de abonados:


3 ao 7 de agosto: cambios de localidade de asentos liberados só para socios e só mediante cita previa.

8 ao 10 de agosto: alta de socios de asentos liberados só mediante cita previa.

11 de agosto: subida do 5% no prezo dos abonos.

Debido ás obras da cuberta do Estadio ABANCA-RIAZOR, a Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente á Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n), polo que se recomenda utilizar a plataforma de cita previa (citaprevia.rcdeportivo.es), que cumpre a súa terceira temporada activa, para axilizar os trámites e reducir as colas.

Igualmente, por quinta campaña consecutiva, os afeccionados poderán renovar o seu carné por internet, a través da web abonos.rcdeportivo.es. Tamén está dispoñible, un ano máis, o sistema de financiamento do abono a través de ABANCA, cuxo trámite poderá realizarse de forma directa na OAD.

CONSULTA OU DESCARGA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN DA CAMPAÑA DE ABONOS DO REAL CLUB DEPORTIVO 2018-2019