RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Último partido ligueiro hoxe luns para un Fabril FC Alevín xa campión do seu grupo de fútbol oito

O Fabril FC Alevín, xa campión do grupo B da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, ten hoxe a súa última cita ligueira.

Os fabrilistas mídense a partir das 19:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña) ao Imperátor OAR A, en partido correspondente á 2ª xornada que foi suspendido o pasado 24 de abril debido a unha forte tormenta.

A falta do partido de hoxe, o Fabril FC Alevín que dirixen Alberto Suárez e Arsenio Velasco suma 15 puntos de 15 posibles á fronte da táboa; por 9 puntos do Orillamar SD A, segundo clasificado.