RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Último repaso táctico para o Dépor, esta tarde en Barranco Seco

Os 19 futbolistas citados por Luis César para medirse mañá domingo 13 de outubro á UD Las Palmas no Estadio Gran Canaria (21:00 horas, 20:00 hora local, #Vamos) realizaron esta tarde unha última sesión de adestramento na nova Cidade Deportiva do conxunto canario, situada en Barranco Seco, a medio camiño entre o aeroporto e a cidade das Palmas de Gran Canaria.

Despois dun quecemento e uns exercicios de activación, o técnico deportivista realizou un último ensaio táctico cos seus futbolistas, após asegurar pola mañá en rolda de prensa en Abegondo que os seus futbolistas chegaban ás Illas Canarias "coas ideas claras" após catro sesións anteriores en Abegondo e unha en ABANCA-RIAZOR co novo corpo técnico á fronte do equipo.

Ao acabar a sesión, duns 50 minutos de duración, a expedición dirixiuse ao hotel AC Gran Canaria, cuartel xeral do Dépor nas Illas Canarias.