RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Últimos retoques tácticos de cara á visita de mañá ao Leganés

Clarence Seedorf realizou esta tarde por espazo dunha hora e cuarto no estadio Alfredo Di Stéfano do Real Madrid, cos seus 22 futbolistas convocados, os últimos retoques tácticos de cara ao partido de mañá venres 20 de abril en Leganés (21:00 horas, Bein LaLiga), en choque correspondente á 34 xornada de LaLiga Santander.

O técnico holandés dispuxo dun partido a todo o campo, once para once, e detivo o xogo en repetidas ocasións para impartir instrucións aos seus xogadores.

A continuación, Seedorf ordenou un exercicio para a zaga, mentres que na outra metade do campo, centrocampistas e atacantes afinaron a puntaría con remates a portería.

A tarde arrincou cun quecemento e un traballo de posesión.