RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un acertado arranque de partido do Sofán SD sorprende ao Xuvenil A no seu segundo amigable

Un frenético arranque de partido do Sofán SD sorprendeu (2-1) ao Xuvenil A no seu segundo test de pretemporada. Os carballeses anotaron os seus dous goles no primeiro cuarto de hora de xogo.

Os pupilos de Manuel Pablo tentaron reaccionar após o descanso e de feito lograron reducir distancias no minuto 57 por obra de Pablo Trigo, pero faltou puntaría para lograr polo menos a igualada.

Xuvenil A: Lemos, Vilela, Mauro, Víctor, Nico, Embid, Nils, Álvaro Mardones, Garaboa, Hugo Baldomar e Pablo Trigo. Tamén xogaron: Mato, Mario, Carlos, Pedro, Kevin, Gabri, Adrián Lombao, Álvaro, David e Martiño.

A pretemporada marcha así para o equipo que dirixe Manuel Pablo:

Xuvenil A 4 (Martín Ochoa -2-, David Gómez e Hugo Baldomar) - SD Compostela 3
SD Sofán (3ª RFEF) 2 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)