RCD / NOVAS

Un amigable mañá do Xuvenil B, última cita da fin de semana en #ANOSACANTEIRA trala derrota hoxe do Fabril ante o CD Arenteiro (1-2)

06/08/2022 14:46

O Xuvenil B estréase nesta pretemporada mañá domingo cun amigable ás 19.00 en Valdoviño ante o conxunto local de Primeira Autonomica.

Será o último partido da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Hoxe sábado, o Fabril disputou en Abegondo ante o CD Arenteiro de Segunda RFEF o seu segundo exame de pretemporada, esta vez coas ausencias de Brais Val, Jairo, Ángel Puerto, Yeremay, Mella, Tim Caroutas e Marcel, citados polo primeiro equipo para o partido en Viveiro ante o Real Madrid Castilla; e de Davo e Martín Ochoa, lesionados.

Óscar Gilsanz aliñou un once distinto en cada tempo. O resultado, o de menos en pretemporada, caeu ao lado ourensán (1-2). Nájera foi o autor do único tanto fabrilista.

Finalmente, o Xuvenil A abriu onte venres en Abegondo con empate (2-2) ante o CSD Arzúa de Tercera RFEF o calendario previsto para esta fin de semana.

Hugo Baldomar e Ogando foron os autores do goles deportivistas nun test con minutos para todos os convocados.

O calendario de partidos amigables desta semana, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
FABRIL 2 (Padín e Iván) - SILVA SD 0
FABRIL 1 (Nájera) - CD ARENTEIRO, de Segunda RFEF 2

Categoría xuvenil
XUVENIL A 2 (Hugo Baldomar e Ogando) - CSD ARZÚA, de Tercera RFEF 2

SD VALDOVIÑO, de Primeira Aut. - XUVENIL B, mañá domingo 7 de agosto ás 19:00 no campo de fútbol Juan Sabín (Valdoviño)