RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un arreón final non foi suficiente para o Cadete A, derrotado en Vigo pola mínima

Un bo arreón final non bastou ao Cadete A para rabuñar algún punto (2-1) no derbi galego por excelencia da División de Honra, correspondente á 22ª xornada.

Os célticos puxéronse por diante con 2-0 pero na recta final do choque, o Cadete A fíxose co mando do partido, recortou diferenzas grazas a un gol de Noel e a punto estivo de rabuñar algún punto.

Con este marcador, o Cadete A é segundo na táboa con 53 puntos e 1 partido menos, o aprazado a semana pasada fronte ao Ourense CF polo temporal, que o RC Celta, líder con 60.

Cadete A: Brais, Trilli, Mauro, Carracedo, Dani Barcia, Chucas, Novoa, Antón, Noel, Jairo e Axel. Tamén xogaron: Padín, Braojos, Nils e Hugo Suárez.

O Atlético Coruña Montañeros CF será o próximo rival do Cadete A.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural 0
Coruxo 1 - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Axel)
Cadete A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - Racing de Ferrol 0
Victoria CF 0 - Cadete A 1 (Padín)
ED Val Miñor Nigrán 3 - Cadete A 3 (Noel, Padín e Jairo)
Cadete A 1 (Dani Barcia) - CD Calasanz 3
San Tirso SD A 0 - Cadete A 3 (Jairo e Padín -2-)
Cadete A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 1
CD Areosa 1 - Cadete A 1 (Axel)
Cadete A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - Bergantiños CF 0
UD Santa Mariña 0 - Cadete A 7 (Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele)
Cadete A 4 (Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel) - CD Conxo Santiago 0
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Mauro, Hugo Suárez e Padín)
Ural CF 1 - Cadete A 2 (Novoa e Noel)
Cadete A 3 (Padín, Mario e Noel) - Coruxo FC 1
CD Lugo 0 - Cadete A 4 (Dani Barcia, Antón, Noel e Padín)
Cadete A - Ourense CF, aprazado
RC Celta A 2 - Cadete A 1 (Noel)