RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un bo Fabril con catro xuvenís no once cae nos últimos minutos ante un Bergantiños CF eficaz

O Fabril competiu de poder a poder co Bergantiños CF, que se presentou en Abegondo como líder do subgrupo A de Terceira División.

Os fabrilistas, con até catro xogadores en idade xuvenil no once inicial, adiantáronse no marcador na primeira parte grazas a un gol de Boedo. Incluso os pupilos de Juan Carlos Valerón tiveron opcións de ampliar a renda no marcador ante un rival atrancado ante a portería de Alberto.

Cando todo parecía propicio para que o Fabril sumase o tres puntos en xogo ou polo menos un, o Bergantiños CF deulle a volta ao encontro con dous goles nos últimos dez minutos.

Co marcador deste encontro correspondente á 18ª xornada, o Fabril é sétimo na clasificación con 22 puntos e un partido menos.

Fabril: Alberto, Trilli, Juan Rodríguez, Yuste, Guille Bueno, Barba, Javi Sanmartín, Yeremay, Javi Sánchez, Adri Castro e Boedo. Tamén xogaron: Kanouté, Isra, Jairo e Pescador.

O vindeiro domingo, o Fabril visita ao Polvorín FC.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril 0 - Silva SD 0
CSD Arzúa 1 - Fabril 0
Fabril - Racing Villalbés, aprazado
CD As Pontes 3 - Fabril 2 (Barba e Guille Bueno)
Fabril 1 (Boedo) - Bergantiños CF 2